Data de referencia: 01-09-2025
Preséntase a continuación unha colección de datos extraídos do Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas de Galicia (REAT), baseados nos procedementos administrativos e os asentos rexistrais da Axencia Turismo de Galicia, dependente da Presidencia da Xunta de Galicia.
Esta explotación ten fins meramente informativos e estatísticos, mais non representa una reproducción íntegra dos datos oficiais do rexistro. Aqueles perfís que non desexan aparecer son eliminados da lista. En caso de atopar algún erro, agradecemos que o comuniquen a Turismo de Galicia.
Partindo do REAT, realízase imputación de valores e depuración de erros. Omítense desta publicación 7 rexistros dos que non consta denominación ou concello, ou ben carecen de dirección, parroquia e lugar. Aos rexistros do REAT, engadíronse os aloxamentos da rede pública de albergues do Camiño de Santiago en Galicia, do Plan Xacobeo.
O número de prazas dos establecementos está en proceso de depuración e é orientativo.
Son hoteis aqueles establecementos que ofrezan aloxamento, con ou sen comedor e outros servizos complementarios, que ocupen a totalidade dun ou de varios edificios, ou unha parte independizada deles, cuxas dependencias constitúan unha explotación homoxénea, con entradas, escaleiras e ascensores de uso exclusivo, e que reúnan os requisitos técnicos mínimos en función da súa categoría, que se determinarán regulamentariamente.
Son pensións aqueles establecementos que ofrezan aloxamento con ou sen comedor e outros servizos complementarios e teñan unha estrutura e unhas características que lles impidan acadar os requisitos e as condicións esixidas para os hoteis.
Son albergues turísticos aqueles establecementos que ofrecen aloxamento por praza, maioritariamente en habitacións de capacidade múltiple, con ou sen servizos complementarios.
Son considerados establecementos de turismo rural aquelas edificacións situadas no medio rural que, polas súas especiais características de construción, localización e singularidade ou antigüidade, prestan servizos de aloxamento turístico. Sen prexuízo do establecido na normativa urbanística, estes establecementos poderán estar situados en solo de núcleo rural, en asentamentos tradicionais de menos de 500 habitantes cuxo solo estea clasificado como solo urbano ou en solo rústico. En calquera caso, será aplicable o previsto na normativa urbanística e nos instrumentos de planeamento urbanístico en vigor.
Considérase campamento de turismo o establecemento de aloxamento
turístico que, ocupando un espazo de terreo debidamente delimitado e
dotado das instalacións e dos servizos que se establezan
regulamentariamente, estea destinado a facilitar a estadía temporal en
tendas de campaña, caravanas, autocaravanas ou calquera elemento
semellante facilmente transportable, así como doutras instalacións
estables destinadas ao aloxamento temporal que sexan explotadas polo
mesmo titular do campamento.
Enténdese por instalacións estables,
destinadas ao aloxamento temporal, as instalacións de elementos fixos
prefabricados de madeira ou similares tipo cabana, bungalow ou outros
elementos transportables e/ou desmontables, sempre que se trate de
edificacións independentes ou pareadas, de planta baixa.
Teñen a condición de apartamentos turísticos os inmobles integrados en bloques de pisos ou en conxuntos de unidades aloxativas tales como chalés, bungalows e aqueloutras edificacións semellantes que estean destinados na súa totalidade ao aloxamento turístico, sen carácter de residencia permanente. Cada unidade aloxativa estará dotada de instalacións e servizos adecuados para a conservación, elaboración e consumo de alimentos e bebidas.
Enténdese por vivendas turísticas os establecementos unifamiliares illados nos que se preste servizo de aloxamento turístico, cun número de prazas non superior a dez e que dispoñen, por estrutura e servizos, das instalacións e do mobiliario axeitado para a súa utilización inmediata, así como para a conservación, elaboración e consumo de alimentos dentro do establecemento.
Son vivendas de uso turístico as cedidas a terceiras persoas, de
xeito reiterado e a cambio de contraprestación económica, para unha
estadía de curta duración, amobladas e equipadas en condicións de
inmediata dispoñibilidade e coas características establecidas por vía
regulamentaria, coa peculiaridade de que poida ser ofertado por
particulares na súa propia vivenda. Constitúen estadías de curta
duración aquelas nas que a cesión de uso é inferior a trinta días
consecutivos.
Tipo / Categoría | Establecementos | Prazas |
---|---|---|
Albergues turísticos | 517 | 17233 |
Albergue de peregrinos do camiño de santiago | 5 | 148 |
Albergue público xacobeo | 82 | 3573 |
Primera categoría | 9 | 345 |
Segunda categoría | 421 | 13167 |
Apartamentos turísticos | 520 | 10094 |
Non indica | 2 | 14 |
1 chave | 402 | 6566 |
2 chaves | 94 | 2260 |
3 chaves | 22 | 1254 |
Campamentos turísticos | 173 | 35680 |
1 estrela | 36 | 1745 |
1ª categoría | 22 | 12198 |
2 estrelas | 8 | 1113 |
2ª categoría | 96 | 19157 |
3 estrelas | 10 | 1317 |
5 estrelas | 1 | 150 |
Hoteis | 947 | 58765 |
Non indica | 1 | 82 |
1 estrela | 302 | 10174 |
2 estrelas | 343 | 16093 |
3 estrelas | 162 | 12598 |
4 estrelas | 131 | 18146 |
5 estrelas | 8 | 1672 |
Pensións | 1476 | 25991 |
1 estrela | 735 | 11305 |
2 estrelas | 543 | 10819 |
3 estrelas | 198 | 3867 |
Turismo rural | 522 | 6584 |
Grupo-a (casa grande) | 16 | 253 |
Grupo-a (casa rectoral) | 14 | 213 |
Grupo-a (otras edif.) | 6 | 111 |
Grupo-a (pazo) | 42 | 774 |
Grupo-b (casa de aldea) | 379 | 4410 |
Grupo-c (casa de labranza) | 56 | 608 |
Grupo-d (aldea de t. rural) | 9 | 215 |
Vivendas de uso turístico | 28539 | 153759 |
Non indica | 28539 | 153759 |
Vivendas turísticas | 221 | 1300 |
Non indica | 221 | 1300 |